O concello de Noia toma medidas no casco histórico (casa Arzobispo Berenguel de Lendoire 7)

Mércores, 16 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Casa do Concello

O Goberno Local de Noia esixe a protecciòn dunha vivenda do casco històrico para evitar o seu derrumbe.

Lage explica que "o diálogo é unha boa ferramenta antes de calquera sanciòn ou multa coercitiva. Sempre apostamos por esta vía para protexer o noso patrimonio".

O Concelleiro de Patrimonio e Portavoz do goberno, José Manuel Lage informou do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local onde se concedeu licencia aos propietario para "nun primeiro momento apuntalar a fachada e despois proceder á súa rehabilitación".

"Temos a obriga de coidar e protexer o noso casco històrico" explicaba hoxe Lage ao tempo que manifestaba o interese do goberno noiés por evitar "situaciòns de risco".

Referíase así a situaciòn na que se atopaba a vivenda sita na Rúa Arzobispo Berenguel e que "supoñía un serio risco para os veciños que transiten por esta rúa. Por iso se opta por facilitarlle ao propietario a realización do proxecto de estabilización da fachada da vivenda, en primeiro termo e a continuación segundo as indicaciòns da Oficina de Rehabilitaciòn do Casco Històrico pois teñen dez días para presentar un proxecto de rehabilitación que deberá executarse nos vindeiros dous (2) meses".

Lage Tuñas explica que "buscamos no diálogo permanente unha fòrmula para que os veciños que se atopan neste tipo de situaciòns regularicen a súa situaciòn e ao mesmo tempo evitamos outras vías máis lesivas para o propietario."

Comunicacións.
Concello de Noia

Noticias relacionadas