Rehabilitación de edificación existente para destinala a Centro de Visitantes Multifuncional do Xeodestino Ría de Muros e Noia

Venres, 12 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rehabilitación de edificación existente para destinala a Centro de Visitantes Multifuncional do Xeodestino Ría de Muros e Noia

Mediante resolución da Consellería do Mar outorgouse ao Concello de Noia unha subvención ao abeiro da orde da Consellería do Mar, do 24 de maio de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDPL), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2016, publicada no DOG número 109, do 9 de xuño de 2016, para a execución do proxecto "Rehabilitación de edificación existente para destinala a Centro de Visitantes Multifuncional do Xeodestino Ría de Muros e Noia".

A actuación prevista trátase, fundamentalmente, dun traballo de rehabilitación arquitectónica e de equipamento interno dun edificio histórico para o un uso eminentemente turístico como Centro de Visitantes.

Noticias relacionadas