Noia renova de forma integral o pavillón polideportivo Rosalía de Castro

Martes, 01 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Pavillón Polideportivo Rosalía de Castro

O goberno local que dirixe o socialista Miguel Paz inspeccionou o estado da instalaciòn deportiva despois de finalizarse a reforma.

As obras de mellora integral da instalación realizáronse en tempo récord, finalizándose a actuación no día de onte,31 de agosto cando o prazo de execuciòn era de sesenta días.

Noia.-1/09/2015.- O executivo noiés que dirixe o socialista Miguel Paz fixou como obxectivo neste mandato municipal "o mantemento e a conservación das instalaciòns e do patrimonio municipal".

Esta mañá o goberno local co alcalde á cabeza inspeccionaba as obras da reforma integral do pavillòn polideportivo municipal.

A infraestructura deportiva precisaba unha urxente actuación, dado que se levaba máis de 30 anos sen actuar sobre a pista e as gradas, ademáis de facer melloras en elementos da construcción do edificio.

O portavoz do goberno local, José Manuel Lage explicaba que "era unha obra que deixou proxectada o anterior goberno e que consideramos prioritaria a axilizaciòn da súa realización. O que se fixo foi axilizar os prazos para que estivera disponible para os clubes e para os deportistas noieses dende a primeira semana de setembro. Foi un reto que nos marcamos como goberno e cumprimos o obxectivo".

"De feito a axilizaciòn das obras vai permitir que esta mesma semana se poida celebrar a Copa Deputación de Fútbol Sala, e que o equipo de Noia poida estrear a pista de xogo".

Lage relata "o máis importante foi a inversión que se acometeu coa renovación da pista deportiva, o que lle adicamos case o 50% do orzamento do conxunto da obra".

"Destacaría entre os aspectos máis relevantes da actuación a mellora da accesibilidade eliminando barreiras arquitectónicas e a habilitación de zonas para persoas con movilidade reducida. Hoxe non se poden facer obras sen pensar na eliminación de barreiras arquitectónicas" sinalou o Tenente de Alcalde e portavoz do goberno, José Manuel Lage.

"Tamén se intenta poñer punto final á filtración de augas que tiña o pavillón".

Comunicacións.
CONCELLO DE NOIA

Noticias relacionadas