Saúda o Alcalde

SantiagoFreireAbeijon_Sauda

Representando á corporación municipal douche a benvida.
Son Santiago Freire. Dende o 17 de febreiro de 2016 son o Alcalde desta marabillosa vila e xunto ao meu equipo traballaremos e gobernaremos para todos e todas.
O obxectivo desta páxina Web é ter unha maior organización na información que ofrecemos dende o Concello aos veciños, así como poder facilitar unha maior accesibilidade, proximidade, participación, diálogo e sobre todo transparencia.
Ademais xa que estamos na sociedade da información é fundamental a utilización dos recursos tecnolóxicos, isto reforzará a comunicación diaria con todos vós a través de Facebook e Twitter, onde actualizaremos de maneira continuada a información.
En definitiva, o noso obxectivo é garantir unha maior e mellor comunicación a través das redes sociais, para coa colaboración de todos vós, sigamos mantendo e mellorando os servizos municipais que reciben cada uns dos veciños de Noia.

Sede todos benvidos,

Un abrazo.

Santiago Freire Abeijón.