O pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía dentro do goberno municipal. Está constituído polo alcalde e polos concelleiros e concelleiras. Ao alcalde correspóndelle convocar e presidir as sesións plenarias aínda que pode delegar estas tarefas nalgún dos concelleiros ou concelleiras.
O pleno ten un regulamento propio de carácter orgánico e, tanto o seu funcionamento coma a organización dos seus contidos, recóllese no regulamento municipal.
No pleno apróbanse e modifícanse regulamentos orgánicos, ordenanzas, orzamentos, cadros de persoal, regulamentos municipais, entre outras disposicións. A aprobación inicial e final das tramitacións urbanísticas é tamén unha das competencias do pleno, así como a transferencia das súas funcións a outras administracións ou a determinación do xeito no que o Concello xestionará os servizos municipais.
O pleno do Concello de Noia é o órgano de máxima representación política dos cidadáns e cidadás no goberno municipal e correspódelle a súa convocatoria á Alcaldía. As sesións plenarias celébranse no salón de plenos os últimos martes non festivos de cada mes (agás nos meses de agosto e decembro), ás 20:30 horas, en primeira convocatoria e dous días despois á mesma hora, en segunda. Cando o martes sexa festivo, a sesión terá lugar o día hábil inmediato anterior, á mesa hora.
Actualmente, a corporación municipal do Concello de Noia está conformada polos seguintes grupos políticos:
- PP (7 concelleiros/as)
- PSdeG-PSOE (5 concelleiros/as)
- Marea Cidadá de Noia (2 concelleiros/as)
- N.O.I.A (2 concelleiros/as)
- BNG (1 concelleiro)
O Concello de Noia dispón dun vídeoacta no que se inclúen todos os plenos celebrados.