- Tema
O Goberno Local considera fundamental “planificar a mellora dos parques infantís, xa que son espazos de convivencia que deben ser mellorados”.
Dende o gobernó local insisten na importancia desta medida en aras da seguridade dos cativos e as cativas para que poidan desenvolverse nun espazo de xogo agradable e seguro.
Noia, 15 de febrero de 16. O Concello de Noia revisará a súa rede de parques infantís tras ter constancia de que algunha destas áreas precisa dunha importante posta a punto.
Dende o executivo local apuntan a necesidade de que se planfique para os vindeiros anos diferentes actuacións “para preservar e mellorar as zonas xogo e ocio dos máis cativos”.
Nese sentido o alcalde de Noia encargou unha auditoría das diferentes áreas recreativas que permitirá garantir a seguridade destas zonas de ocio.
Dende o goberno local apuntan que a realización deste traballo terá como consecuencia que no futuro se poidan abaratar os costes de mantemento, atallando o deterioro e evitando deste xeito a substitución completa de elementos de xogo.
A auditoría que encargou o concello de Noia contemplará unha exhaustiva descrición do estado de cada un dos parques infantís indicando as deficiencias detectadas conforme á normativa en vigor. NOTA DE PRENSA OFICINA DO PORTAVOZ DO GOBERNO LOCAL CONCELLO DE NOIA.
Tamén incluirá os planos actualizados dos recintos, imaxes para avaliar o estado de conservación e unha revisión e actualización das medidas de seguridade. Todas estas cuestións son consideradas de vital importancia por parte do actual goberno local.
O alcalde de Noia considera moi importante esta medida en aras da seguridade dos cativos e as cativas para que poidan desenvolverse nun espazo de xogo agradable e seguro.
Comunicaciòns.
Concello de Noia