Noia impulsará o proxecto comarcal para o recoñecemento institucional do camiño xacobeo, co Portus Apostoli como principal referencia histórica

Xoves, 08 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Portus Apostoli

O goberno noiés apoiará a iniciativa comarcal que ten a Noia como centro de referencia do camiño xacobeo.

Hoxe celebrouse unha reuniòn no concello de Noia entre a Asociaciòn Turística ría Noia-Muros, a Asociaciòn de Empresarios "Noia Històrica" e o goberno local de Noia (participaron o alcalde Miguel Paz, o concelleiro de Cultura e portavoz do goberno, José Manuel Lage, a concelleira de Turismo, Marisol Villar e o concelleiro de Grandes proxectos, José Pérez).

O Portavoz do goberno local, José Manuel Lage explicou ao rematar a reuniòn que "é unha prioridade para o goberno de Noia conseguir o recoñecemento oficial do camiño, e nesa liña estamos comprometidos co resto de concellos da bisbarra a traballar unidos para acadar este obxectivo" ao tempo que engadía que "Noia como porto de Compostela (portus apostoli) é a principal referencia, aínda que non a única, nesta aposta pola recuperaciòn do camiño xacobeo".

"O goberno de Noia impulsará conxuntamente co resto de concellos e coa asociaciòn turística ría Noia-Muros unha axenda pública destinada a conseguir o recoñecemento oficial por parte da Xunta de Galicia. É unha tarefa colectivo onde fan falta tòdalas mans, non sobra ninguén".

"Esta iniciativa é unha oportunidade dende o terreo cultural e econòmico tanto para Noia como para a bisbarra."

Comunicaciòns.
Concello de Noia