A Oficina de Turismo de Noia recibeu máis de 4.000 visitantes durante os meses de xullo e agosto.
O Goberno Local, que dirixe Miguel Paz, valora positivamente o funcionamento da Oficina de Turismo do concello de Noia durante os meses de xullo e agosto.
A Concelleira de Turismo, Marisol Villar destacou “o importante traballo realizado nestos dous meses pola técnica de información turística, o que nos permitiu ademáis coñecer polo miúdo a procedencia daqueles turistas que visitando Noia pasaron pola Oficina e cubriron un formulario cos seus datos”.
Así cabe destacar a relevante base estadística que se foi configurando neste ámbito, o que permite coñecer de forma diferenciada aos turistas doutros Estados distinguindoos dos turistas procedentes do resto do Estado.
Foron 726 os turistas extranxeiros que visitaron Noia procedentes de forma maioritaria de países como Francia, Alemania e Italia.
Tamén destacan dentro dos máis de 3.000 visitantes procedentes das diferentes Comunidades Autónomas, os provintes de Madrid, Cataluña, País Vasco e Andalucía, que son os máis numerosos (ver anexo I).
“Foi posible contratar ao persoal técnico grazas a unha subvención da Deputación Provincial da Coruña e tamén grazas aos fondos propios que se aportaron dende o Concello”.
Villar considera “un bo resultado” o dato de visitantes que pasaron pola Oficina de Turismo nestes dous meses do ano, que ascende a 4.070 cidadáns que fixeron uso do servizo municipal de información turística
O Goberno Local que dirixe Miguel Paz ten pensado impulsar o departamento de Turismo ao longo do ano 2016, e consideran “unha prioridade da nosa acción de goberno a política turística”.
Comunicacións.
Concello de Noia.