Noia aposta por preservar o patrimonio e pídelle á Xunta de Galicia que actúe no cruceiro e no peto de ánimas de Eiroa

Mércores, 28 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Goberno de Noia solicita á Xunta que actúe no cruceiro e no peto de ánimas de Eiroa para mellorar a conservación e protección deste símbolo do patrimonio cultural galego.

“Queremos que Patrimonio da Xunta estudie a situación de deterioro na que se atopa o peto de ánimas e adopte as medidas necesarias para a súa conservación e a protección dun elemento singular do noso patrimonio” afirmou hoxe José Manuel Lage Tuñas, Concelleiro de Patrimonio do Goberno noiés.

Lage Tuñas explica que “un veciño dirixiuse ao goberno local manifestando preocupación polo estado do cruceiro e do peto de ánimas de Eiroa, e fixo a petición correspondente para que adoptaramos as medidas legais oportunas”. se proceda a un estudio previo á actuación”.

O concelleiro de Cultura e Patrimonio solicitoulle á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico un informe sobre o estado no que se atopa o cruceiro e o peto de ánimas de Eiroa. “O informe da arqueóloga pon de manifesto o evidente deterioro que sufre o peto de ánimas, polo que lle pedimos á Xunta de Galicia que adopte as medidas necesarias para preservar este singular elemento do noso patrimonio”.

Lage entende seguindo os informes técnicos que “o primeiro paso que temos que dar cumprindo coa Lei do Patrimonio de Galicia é dirixirnos á Dirección Xeral de Patrimonio para que evalúen os técnicos especialistas o estado, formulen a proposta de actuación para frear o deterioro e artellar medidas de conservación e protección”.

Comunicacións.
Concello de Noia.