A obra de teatro Amigos ata a Morte triunfa en Noia

Luns, 12 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Protagonistas da obra de teatro

Éxito rotundo da obra "Amigos ata a morte" no teatro coliseo Noela,,despois de que o concello tivera que habilitar dúas funciòns adicionais á única inicialmente prevista.

Máis de 900 persoas (912) poideron ver en Noia a obra dirixida por Javier Veiga.

"esta é a liña que queremos seguir, traendo espectáculos que convirtan ao teatro coliseo Noela na referencia cultural de toda a bisbarra" explicou Lage Tuñas, concelleiro de Cultura.

Éxito rotundo da obra "Amigos ata a morte" no teatro coliseo Noela,,despois de que o concello tivera que habilitar dúas funciòns adicionais á única inicialmente prevista (para domingo ás 20:00). A segunda funciòn celebrouse o mesmo domingo ás 22:15.

O concello de Noia tivo que habilitar unha terceira funciòn para hoxe luns pola mañá á vista da enorme demanda de entradas que houbo na fin de semana, "e co obxectivo que máis noieses e noiesas tiveran oportunidade de ver a obra".

O concello de Noia puxo un prezo de oito (8) euros como entrada, co obxecto de que fose asequible para as economías domésticas, o que seguramente tamén contribuiu á increíble resposta da cidadanía.

Multimedia

  • Imagen da obra de teatro
  • Imagen da obra de teatro
  • Imagen da obra de teatro