- Tema

Miguel Paz, alcalde de Noia, dirixiuse o pasado martes ao conselleiro de Educaciòn para recordarlle as solicitudes de reuniòn realizadas e tamén lembrarlle que leva dous meses agardando por unha reuniòn para ver si a Xunta de Galicia estudiou o anteproxecto remitido para a construcciòn dun pavillòn polideportivo para o colexio "Felipe de Castro".
O goberno local defende a construcciòn dun pavillòn polideportivo para o colexio "Felipe de Castro" tal e como reivindica a Asociaciòn de Nais e Pais de Alumnos/as.
Recorda Miguel Paz que "esta proposta do goberno local foi aprobada por unanimidade do pleno da corporaciòn" e explica que "este acordo fixémosllo chegar á Xunta de Galicia xa fai máis de tres meses".
O alcalde de Noia volve a solicitar por terceira vez ao conselleiro unha xuntanza para ver si a Xunta está disposta a financiar este equipamento "tan demandado e tan necesario".
Paz explica que "si a Xunta non se molla vai a saberse pronto, non estamos dispostos a que nos mareen máis tempo".