O Goberno de Noia lanza un curso formativo en competencias clave para axudar ás persoas desempregadas

Xoves, 11 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cursos Formativos

O Concello de Noia organiza un curso para preparar as probas de acreditación de competencias clave.

O Goberno Local quere axudar ás persoas con dificil inserción laboral a que poidan prepararse para obter os títulos e certificacións profesionais que melloren a súa empregabilidade

Sandra González, afirmou hoxe que “este curso é un instrumento máis para a loita contra a lacra do desemprego.”

O Goberno Local considera “fundamental” axudar ás persoas que non dispoñen de formación académica e para iso preparou un curso dirixido a axudalas a obter as titulacións que melloren a súa empregabilidade.

As competencias clave permiten o acceso aos cursos de formación do SEPE e a acreditación da experiencia profesional para obter un certificado de profesionalidade de persoas que non acaden o nivel académico requirido. Este certificado permite acreditar unha cualificación profesional, polo que a persoa ten maior posibilidades de atopar emprego ou mesmo de mellor o actual.

O Concello de Noia realiza un curso co obxectivo de preparar estas probas, que se celebran cada ano a finais de maio, destinadas a aquelas persoas interesadas en presentarse a estas probas tanto para o nivel 2 como para o nivel 3.

A data de inscrición será do 15 ao 20 de febreiro, con límite de prazas (25) para cada nivel, que se completará po rigoroso orde de entrada no Rexistro do Concello, tendo prioridade as persoas empadroadas en Noia. A docencia impartirase do 29 de febreiro ao 26 de maio. Para que se leve a cabo deberá haber un mínimo de dez inscritos por grupo.

Levarase a cabo un servizo de orientación e atención ao alumnado os días 18 e 19 de febreiro de 10:00 a 14:30 no Edificio Administrativo do Espirito Santo, espazo onde se desenvolverá o curso. 

Tamén se admitirán solicitudes de persoas que preparen por libre a proba da Educación Secundaria Obrigatoria e a a proba de acceso a ciclo medio.

A concelleira de Educación do concello de Noia, Sandra González, afirmou hoxe que “este curso é un instrumento máis para a loita contra a lacra do desemprego.”

“En concreto con aquelas persoas que non dispoñen de formación académica, pero si profesional” incidiu en qu “teñen a oportunidade de titularse e acreditar unha competencia formativa, moi necesaria para ter unha oportunidade no mercado laboral”.

Comunicacións.

Concello de Noia

Noticias relacionadas