- Tema
Mellora da accesibilidade na Piscina Municipal e o seu entorno.
Mediante Resolución da Consellería de Política Social outorgouse ao Concello de Noia unha subvención ao abeiro da Orde do 21 de xullo de 2017, pola que se establecen as beses reguladoras para a concesión de subvención saos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018, publicada no DOG número 151, do 09 de agosto de 2017, para a execución da mellora da accesibilidade na piscina municipal de Noia e o seu contorno: itinerario, ramplas de acceso, praza de aparcamento e vestiario.
As actuacións realizadas teñen por finalidade mellorar o acceso á piscina municipal, en beneficio de aqueles usuarios con problemas de mobilidade e/ou con dependencia.