Urbanismo

O alcalde desenvolve as funcións deste departamento do Concello de Noia e ocúpase das seguintes áreas:

1 Área do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Histórico de Noia, o que comprende:

a) Desenvolvemento de políticas de rehabilitación en espacios tanto públicos como privados.
b) Dirección da Oficina de Rehabilitación do casco histórico.
c) Xestión, impulso, regulación e concesión de subvencións nese ámbito.
d) Desenvolvemento do PEPRICH, das súas unidades de actuación e intervencións puntuais, así como propostas de revisión e modificación do mesmo.
e) Concesión, denegación, cambios de titularidade, prórrogas e demais incidencias de licencias urbanísticas de obras menores e licencias de actividades inocuas que se sitúen nese ámbito.
f) Expedientes de disciplina urbanística e de reposición da legalidade urbanística que se sitúen no casco histórico.
g) Expedientes sancionadores e de reposición da legalidade infrinxida en materia de actividades, establecementos abertos ó público e de espectáculos públicos, que se sitúen no casco histórico, incluídos os motivados por incumprimentos de horarios e da normativa de ruídos.

2 Área de Urbanismo, Vivenda e Solo, a que lle atribúe funcións para:

a) Desenvolvemento de solo industrial.
b) Promoción e construcción de vivenda pública.
c) Xestión do patrimonio municipal do solo.
d) Elaboración e impulso do Plan Xeral de Ordenación Municipal e do Plan especial do medio rural.
e) Concesión, denegación, cambios de titularidade, prórrogas e demais incidencias de
licencias urbanísticas de obras menores e licencias de actividades inocuas, con
exclusión das que se sitúen no casco histórico.
f) Expedientes de disciplina urbanística e de reposición da legalidade urbanística con exclusión das que se sitúen no casco histórico.
g) Expedientes sancionadores e de reposición da legalidade infrinxida en materia de actividades, establecementos abertos ó público e espectáculos públicos, incluídos os motivados por incumprimentos de horarios e da normativa de ruídos, con exclusión dos que se sitúen no casco histórico.
h) Aprobación dos proxectos, contratación e control de toda obra pública agás as que se realicen por administración.

A Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico está en:

Edificio do Curro
Rúa do Curro, 4
15200 – Noia – A Coruña
Teléfonos: 981828011 – Fax: 981828104