Para levar a cabo os trámites que supoñan pagamento de taxas, cobro de impostos e demais actividades de transacción económica co Concello de Noia deberedes acudir a:
Casa do Concello
Rúa Rosalía de Castro, 2
15200 – Noia, A Coruña
Teléfono: 981842100
Fax: 981821741
Unha vez alí, teredes que dirixirvos ao departamento de Economía ou á oficina de Promoción Económica, segundo os asuntos que teñades que resolver.
Así mesmo, tedes á vosa disposición a sede electrónica do Concello de Noia. Esta sección é unha prolongación da oficina administrativa tradicional, dispoñible para que a cidadanía poida realizar trámites as 24 horas do día os 365 días do ano. A sede electrónica garante, en todo momento, a identidade, integridade e autenticidade do cidadán/á a través dunha "Cl@ve". Ademais, dispón dun rexistro que acredita e certifica estas transaccións: o "Rexistro telemático".
Na sección de trámites da sede electrónica atoparedes un catálogo de trámites cos diferentes impresos para facer as vosas xestións no Concello de Noia.