NOS é o departamento municipal encargado de obras e servizos. Creado o 1 de maio de 2008, está composto por unha plantilla de 30 traballadores froito da absorción dos traballadores da antiga concesionaria privada que levaba os servizos de auga, saneamento, limpeza viaria, limpeza de edificios, e xardíns.
Nestes intres, o Concello xestiona diretamente os servizos de Medio Ambiente, Xardíns e Parques Infantís; Auga e Saneamento; Limpeza viaria; Brigadas de obras; Cemiterio e Limpeza de edificios.
Supervisa os concesións da recollida e tratamento de lixo, así como o mantemento de alumeado.
Se quere saber máis sobre NOS, os seus servizos e xeito de contacto, descargue o documento adxunto.