Lugares de encanto

LUGAR DE ENCANTOS

Descobre todos os lugares de encanto do Concello.

PRAIAS

Fermosos areais para os amantes do Sol.

HOSTELERÍA

Ampla oferta en hoteis, restaurantes, bares, pubs...

Zona Vella

Partindo da oficina de información turística pode comezar unha ruta pola zona vella visitando os xardíns que lle rodean: a Alameda onde está a Igrexa de San Francisco e o convento convertido en casa do Concello, os xardíns Felipe de Castro, o Campo da Feira e a Praza das Angustias coa súa fonte.

Dirixíndose cara a zona de intramuros para entrar pola Rúa Montero Ríos chega á Praza do Cantón co Pazo Dacosta para a continuación visitar a Praza do Tapal presidida pola Igrexa de San Martiño, a Praza da Constitución coa Casa da Xouba e a Praza de Guisamonde, desde aí chégase á Praza Fanequeira e á Rúa Curro cos seus soportais, no seu encontro coa Rúa Oviedo Arce atópase o Hospital de Adentro e o Pazo do Bispo. Subindo pola Rúa Escultor Ferreiro diante da casa do Senra é obrigada a visita á Quintana da Morte ou Santa María a Nova, co seu importante cemiterio e o museo de Laudas Gremiais. Para cun pequeno paseo volver á Alameda.

Se dispón de tempo non perda a oportunidade visitar o barrio preindustrial da Pedrachán.


Agader Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente Xunta de Galicia Galicia Unión Europea