- Tema
O concello de noia recaudou en 2015 máis de 2 millóns de euros no imposto de bens inmobeis no período de pago voluntariolage tuñas aposta por “non incrementar a presión fiscal aos noieses” e rebaixa “do 0,53% do 2015 do ibi ao 0,51% para o ano 2016”, o que na práctica supón “unha conxelación”.
O Teniente de Alcalde noiés alerta da necesidade de manter o equilibrio nas contas “para poder manter os ingresos no orzamento municipal e consecuentemente poder dispor de fondos para pagar os servizos que prestamos desde o concello”. José Manuel Lage Tuñas, Concelleiro de Facenda e portavoz do goberno local puxo de manifesto tamén "o importante volumen de recadación do ibi destacando o 94,5% dos propietarios de inmóbeis que abonaron o imposto en período voluntario".
"Esto amosa un alto grao de concienciación por parte dos veciños e veciñas de noia, que contribúen cos seus impostos en tempo e forma nunha porcentaxe moi elevada".
Lage Tuñas tamén destacou o importante traballo que realizan os servizos de xestión tributaria e tesourería do concello de Noia e explicou que "unha gran parte do éxito da nosa xestión económica débese aos magníficos profesionais cos que contamos nos servizos de xestión tributaria e tesourería".
O portavoz do goberno local suliñou que "ten sido un acerto apostar por rescatar a recaudación de impostos e facelo directamente dende o concello. Hai que decilo todo, só é posible si se conta con magníficos profesionais coma os que temos no concello de noia para asumir a xestión tributaria e a tesourería municipal senón teríamos que ter cedido a xestión a Deputación Provincial como fan a inmensa maioría dos concellos da provincia".
Hai que recordar que Noia é dos poucos concellos que non ten cedida a xestión do IBI e doutros tributos á Deputación provincial da Coruña. Tamén cabe recordar que a Deputación cóbralle aos concellos que lle teñen delegada a recaudación un 5% do total da recaudación efectuada.
Datos recaudación ano 2015: Os datos de recaudación do IBI urbano de Noia en 2015 indican que o concello de noia recaudou 1,967.907 euros dentro do periodo voluntario, e agora traballase dende a Concellería de Facenda de Noia para a execución do cobro do imposto polo vía de apremio dos restantes recibos que non foron abonados, e que son menos dun 5% (a porcentaxe restante corresponderase con recibos de difícil cobro por insolvencia ou outras situacións, e significa ao redor do 0,6% do total de contribuintes).
No caso do IBI rústico o concello de Noia recaudou durante este ano 2015 un total de 98.043,43 euros, dado que "os valores dos bens rústicos son moi baixos e consecuentemente o imposto a pesar de ter un tipo de gravamen do 0,62 non supón grandes cuantías a pagar polos propietarios dos bens, ao ter valores moi baixos as propiedades catalogadas no ámbeto do IBI rústico".
Non incrementar a presión fiscal para o ano que vén
O goberno local apostou por non incrementar a presión fiscal sobre as familias do municipio no ano 2016 e así optou por deixar o tipo de gravamen do imposto do IBI no 0,51 por cento para o ano 2016 fronte ao 0,53 que estivo vixente durante o presente ano 2015.
Cabe recordar que o goberno local sí modificou a ordenanza do IBI para o ano 2016 e optou por deixar o tipo de gravamen do imposto do ibi no o,51 por cento para o ano 2016 fronte ao 0,53 que estivo vixente durante o presente ano 2015. E tamén optou por incrementar a bonificación para familias numerosas ata o 90% do imposto, sempre tendo en conta criterios de renda e patrimonio, co cal só se benefician a aquelas que realmente o necesitan e teñen poucos recursos económicos.
Comunicacións.
Concello de Noia.