Que é o SAT?
É un Servizo de Atención Temperá de carácter público e gratuito que atende á poboación infantil de 0 a 6 anos, ás súas familias e á súa contorna, que ten por obxectivo atender o máis axiña posible as necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con trastornos no seu desenvolvemento ou con risco de padecelos.
Que ofrece?
- Diágnose e valoración dos trastornos de desenvolvemento dos/das nenos/as
- Apoio en todas as areas de desnvolvemento do/a neno/a:
- Desenvolvemento psicomotor
- Desenvolvemento cognitivo
- Desenvolvemento da linguaxe e comunicación
- Desenvolvemento da autonomía
- Desenvolvemento da área social e afectiva
- Apoio, información, habilitación e formación da familia:
- Terapia psicolóxica individual
- Grupos de familias.
- Coordinación coa contorna:
- Colaboración cos /as profesionais do ámbito social, educativo e sanitario e outros recursos da comunidade
Como se pode acceder ao SAT?
- Calquera familia residente nos concellos de Noia, Lousame, Muros, Outes ou Porto do Son poderá solicitar información e atención no mesmo.
- Por derivación pediátrica.
Como contactar co SAT?
- Chamando ao 981 824 248
- A través de correo electrónico sat@noia.es
- Acudindo directamente ao Servizo, situado en Frei Lois Rodríguez, nº 9, baixo- Noia
Normativa que regula os Servizos de Atención Temperá
Decreto 183/2013 polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá
Protocolo de coordinación, intervención e derivación interinstitucional en Atención Temperá
Para o período do 1 de novembro de 2021 ao 31 de outubro de 2022 a agrupación de Concellos de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son recibiu unha axuda por importe de 146.503,36€ para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.