O alcalde de Noia, Santiago Freire, reuniuse coa Xefa Provincial de Tráfico, Victoria Gómez, para tratar temas relacionados coa seguridade viaria. O obxectivo do encontro foi establecer mecanismos de colaboración entres ambas as administracións públicas. Ademais dende o Concello, solicitouse que por parte da Xefatura Provincial de Tráfico, póidanse levar a cabo campañas de concienciación orientadas cara aos maiores. Deste xeito o que se conseguirá é que cando estes transiten polas distintas vías, fágano sempre nas mellores condicións de seguridade. Segundo explicou o alcalde, "está programada unha actividade de concienciación e de información aos maiores na que, ademais, farase entrega dun chaleco reflector para que cando circulen poidan ser vistos polos vehículos".
Con esta iniciativa o que pretenden conseguir desde o Concello de Noia é evitar atropelos e accidentes.
Ademais, á súa vez, expúxose a posibilidade de establecer uns convenios de colaboración cos colexios para concienciar aos nenos e nenas en materia de educación viaria. Está previsto que desde o Concello trasládense unha serie de propostas aos colexios para buscar data e lugar para a celebración destas actividades; actividades que terán un carácter práctico, xa que os alumnos poderán manexar vehículos adaptados e practicar nun circuíto de seguridade para familiarizarse cos distintos sinais de tráfico. A maiores, e tamén orientada aos máis pequenos, analizouse a proposta a modo de experiencia piloto que leva por nome "Camino escolar seguro". Esta utilizaríase para dar acceso aos colexios públicos María Assumpta e Felipe de Castro. O que se pretende é definir itinerarios seguros nos que os pequenos da casa e os seus acompañantes teñan preferencia á hora de ir camiñando ao colexio. Estes camiños estarían sinalizados cunha pegadas nos lugares que garanten unha maior seguridade para os viandantes. Dada a proximidade de ambos os centros educativos, cunha actuación daríase cobertura aos dous colexios. Se finalmente a iniciativa ten éxito esta estenderase ao resto de colexios do territorio municipal.
Doutra banda, desde o Concello solicitouse á Xefatura Provincial de Tráfico o apoio para depurar o padrón de vehículos antigos. Ademais, analizáronse: a situación de tramitación de sancións en campañas de control de alcoholemia e velocidade; a normalización dos equipos utilizados por parte da policía local; e diferentes propostas para colaborar na execución de sancións, entre elas, a xestión das multas xa que para notificar as devanditas infraccións a persoas que non son residentes no ámbito municipal é necesario dispoñer das bases de datos da DGT.
Santiago Freire reúnese coa Xefa Provincial de Tráfico, Victoria Gómez para incentivar a seguridade viaria entre os máis pequenos
Venres, 15 de abril de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa