Rali de Noia 2016

Domingo, 10 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O pasado 9 de abril tiña lugar a XXXII edición do Rali de Noia. A proba, organizada pola escuadra Berberecho, abría, tras varios anos, o campionato galego.
134 coches inscritos. Máis de 30.000 persoas seguindo a proba repartidas polos catro tramos que conformaban a mesma: San Finx, Serra de Outes, Lesende e Tambre.
A competición comezaba cando aínda non saíran os primeiros raios de sol, baixo a choiva e terminaba, en seco, cos últimos do día.
A proba foi dominada polo Porsche 997 GT3 do piloto Iván Ares e Mario González. Gañou a carreira con máis dun minuto de vantaxe sobre o seu perseguidor, un Mitsubishi Lancer Evo X dirixido por Alberto Meira e David Vázquez. En terceiro lugar quedou clasificado Alberto González, a mans dun Ford Festa R5. E en cuarto lugar, non menos importante, e cunha mención especial, cruzou a meta na súa Mitsubisi Lancer Evo VIN o santiagués Luís Penido que ademais levou a vitoria na categoría Grupo X.
A competición non se librou de deixar tanto a pilotos como espectadores con ganas de máis, xa que debido á actitude incívica dalgúns dos asistentes, por motivos de falta de seguridade e desorde público, houbo que suspender un dos tramos da tarde.