Os documentos dixitalizados do Arquivo municipal de Noia serán accesibles á cidadanía

Mércores, 21 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura informa que os documentos dixitalizados do Arquivo histórico municipal de Noia, con 53.228 páxinas dixitalizadas, serán importados nos repositorios do Arquivo Dixital de Galicia. Ditos repositorios, xestionados pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, serán os provedores de datos deste proxecto a Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.

Este iniciativa incrementa o patrimonio cultural de Galicia accesible a través de Galiciana, fomentando un maior achegamento da cidadía, que poderá consultar documentos desde 1559 a 1965, e a dinamización da cultura galega aproveitando a potencialidade das TIC e os usos e costumes dunha sociedade dixital. Os documentos más antigos correspóndense cos Libros de actas de sesións do Pleno.

A dixitalización dos  fondos do arquivo municipal, realizada pola empresa REPROULET, foi posible grazas ao apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia como entidade xestora, da Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Xunta de Galicia e do Feder.