O rexedor dá a coñecer a riqueza histórica e gastronómica de Noia en FITUR

Mércores, 22 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O alcalde, Santiago Freire Abeijón, presentou e deu a coñecer os atractivos de Noia na Feria Internacional de Turismo en Madrid (FITUR). Durante a súa intervención, o rexedor reseñou o valor histórico da vila, que acaba de cubrir 850 anos, e destacou puntos como San Martiño, Santa María A Nova e San Francisco, así como edificios recuperados como o Casino ou o Museo do Mar. 

Ademais, Freire Abeijón destacou que "Noia foi o porto de Compostela, algo que levamos reivindicando e que está historicamente acreditado". O alcalde falou tamén da riqueza gastronómica do municipio co Berberecho de Noia como o seu máximo expoñente. 

Multimedia