O Concello reparte unhas 22.000 máscaras entre a veciñanza do municipio

Xoves, 07 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Concello de Noia entregou onte en Correos unha nova remesa de máscaras de protección, de xeito que son máis de 11.000 as que están chegando estes días aos domicilios do municipio.

Nos vindeiros días, o Concello realizará novos envíos que, unidos ás entregas a persoas maiores de 65 anos, colectivos vulnerables e nenos e nenas, sumarán máis de 22.000 máscaras repartidas entre a cidadanía. 

Desde o Concello agradécese a colaboración do persoal municipal, da Cruz Vermella de Noia e do equipo de voluntarios que tomaron parte na preparación destas máscaras que se están a enviar. 

Multimedia