O Concello reparte 1.800 máscaras de protección entre a veciñanza

Martes, 21 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia repartirá, de xeito gratuíto, un total de 1.800 máscaras de protección entre os veciños e veciñas maiores de 65 anos. O alcalde, Santiago Freire Abeijón, incide en que "repartiremos estas máscaras entre os nosos maiores, un dos colectivos máis vulnerables fronte ao coronavirus. O rexedor remarca que "este reparto será só unha primeira medida e haberá novas entregas". 

O material foi entregado polo persoal municipal e por membros de Emerxencias Noia nas farmacias do municipio: Farmacia Busto, Farmacia Cruces, Fernández Leiceaga, Leiceaga Baltar, Veiras Pérez e Jorge Barros. 

Freire Abeijón agradece a colaboración das boticas de Noia para "facerlle chegar este material ás persoas que máis o precisan, e que o poderán recoller cando teñan que achegarse á farmacia máis próxima á súa vivenda". Cada veciño e veciña recibirá dúas máscaras por unidade familiar. 

Multimedia