O Concello realiza traballos de mellora e reparación nos vestiarios do estadio municipal Julio Mato “Matito”

Xoves, 17 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia segue traballando na posta a punto e mellora das instalación deportivas do municipio.

Así, durante estes últimos días, a brigada de obras do Concello está a realizar diversos traballos de mellora e reparación nos vestiarios ubicados baixo a grada do estadio Julio Mato “Matito”.

A actuación contempla a reparación de grietas, saneamento de humidades, acondicionamento do falso teito e pintando das dependencias que dan servizo aos clubes deportivos de fútbol e atletismo da vila.

Tras a vista ao recinto, o alcalde de Noia, Santiago Freire, destacou “a importancia desta intervención xa que reforza a aposta desde equipo de goberno polo deporte local e por mellorar as instalacións do municipio”.

Multimedia