O Concello de Noia deu a benvida oficial ao Nadal tras presentar hoxe a campaña “Noia, preto de ti”.
A concelleira de Comercio, Laura Salgado, xunto coa presidenta de Noia Histórica, Alba Expósito, informaron esta mañá dos detalles desta campaña centrada na decoración e animación de rúas.
Ademais, haberá un sorteo de 3.000 euros (15 vales de 200€) en vales de compra para incentivar as ventas e comercio local da vila e no que batiuse un récord de participación con 60 comercios adheridos.
Un Nadal cheo de actividades
Así, Noia vivirá un Nadal con diferentes actividades e para todos os públicos como un concurso de escaparates con 28 participantes; música nas rúas do casco histórico a través da megafonía; tren infantil o día 23 e 24 de decembro; un trineo photocall na praza do Curro; Belén animado de 40 m2 na igrexa Santa María A Nova; visita de Papá Noel o día de Noiteboa e, coma novidade este ano, o 4 de xaneiro habéra o conto teatralizado “O reino de Noia” polas rúas da vila, a cargo do artista Serafín Marcos.
Tras a presentación da campaña, a concelleira Laura Salgado quixo desexar aos veciños e veciñas do municipio que “teñan un Bo Nadal e unha boa entrada de ano novo” e agardou “que desfruten das diferentes actividades programadas”.