Luns, 21 de setembro de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa
O Concello de Noia continúa traballando para mellorar as condicións de seguridade e accesibilidade no núcleo urbano do municipio. Proba deste compromiso é o inicio do proxecto para arranxar e acondicionar as beirarrúas na rúa Pontevedra -esquina rúa Lugo ata rúa Perito Don Basilio-.
Con estas intervencións, o goberno local busca darlle un maior protagonismo ao peón fronte ao vehículo. Así mesmo, este proxecto servirá para resolver unha patoloxía puntual na rede de saneamento municipal.