O Concello de Noia resultou beneficiario dunha axuda para a renovación do alumbrado público exterior no municipio de Noia. Dito investimento foi cofinanciado polo IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) ao abeiro do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, que regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER do crecemento sostible 2014-2020; modificado polo Real Decreto 1516/2018, do 28 de decembro.
Dito investimento levouse a cabo en 1.043 dos 4.012 puntos de luz existentes no municipio e que ten como obxectivo reducir a potencia do consumo enerxético, acadando así un aforro enerxético e unha redución das emisións de CO2 e de outros contaminantes atmosféricos, mediante unha mellora na eficiencia enerxética.
O investimento levado a cabo polo Concello de Noia para a renovación do alumado público exterior no municipio de Noia foi financiado nun 80% polo IDAE a través do Programa Operativo FEDER do crecemento sostible 2014-2020. Dito importe de financiación ascende a 460.416,54€.