O Concello de Noia resulta beneficiario dunha axuda para a realización do proxecto “Instalación de ascensor na Praza de Abastos de Noia”

Luns, 18 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia resultou beneficiario dunha axuda para a realización do proxecto “Instalación de ascensor na Praza de Abastos de Noia”. Dito investimento foi cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, ao abeiro da Resolución do 18 de decembro de 2019, emitida pola Axencia de Desenvolvemento Rural (AGADER), pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios.

Dito investimento ten como obxecto a execución de proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios e prazas de abastos, considerando que a actividade comercial que neles se desenvolve é vital para a dinamización económica e social dos territorios, sendo en moitos dos casos, un elemento aglutinador do pequeno comercio que os arrodea.

A realización do proxecto “Instalación de ascensor na Praza de Abastos de Noia” que leva a cabo o Concello de Noia é un investimento dirixido á supresión de barreiras arquitectónicas e mellora da accesibilidade ao mercado local de Noia.

Multimedia

  • O investimento foi cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020