Luns, 31 de maio de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia celebrará o Día Mundial do Medio Ambiente a través da organización de dous obradoiros:
- Decoración de macetas.
- Elaboración de casiñas para paxaros.
Para anotarvos podedes descargar a ficha de inscrición, cubrila e enviala por WhatsApp ao teléfono 677 555 748.
Adoptaranse todas as medidas sanitarias en vigor no momento da realización da actividade.