O Concello de Noia invita a participar na elaboración do Plan Municipal de Emerxencia e Xestión do Risco de Seca

Venres, 12 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia invita a participar na elaboración do Plan Municipal de Emerxencia e Xestión do Risco de Seca

A iniciativa analizará accións a desenvolver en caso de que se produzan situacións de escaseza da auga no contexto do cambio climático. Para o deseño de dito plan é necesaria a participación de todos os actores relacionados coa xestión dos recursos hídricos a nivel local: veciños e veciñas, comerciantes, departamentos municipais e supramunicipais relacionados coa xestión da auga e das emerxencias, etc.

A participación pode realizarse de xeito telemático a través dun formulario en liña

A redacción Plan Municipal de Emerxencia e Xestión do Risco de Seca supón unha oportunidade para o Concello de Noia de contar cun instrumento básico de planificación e xestión ante os posibles episodios de seca ó longo dos anos, de maneira que se garanta o abastecemento á poboación e se fomente o emprego eficiente dos recursos hídricos.

Consultade o índice do taller 1: 

1.- Sesión 0: Presentación e diagnóstico.

2.- Sesión 1: Avaliar as capacidades, o grao de coñecemento e sensibilidade social.

3.- Sesión 2: Identificación de debilidades.

4.- Sesión 3: Identificación e caracterización preliminar de medidas e fortalezas.

5.- Sesión 4: Exposición pública e enquisa de avaliación.