No Concello de Noia siguimos tratando de mellorar cada recuncho do termo municipal. Por iso nas próximas semanas levaranse a cabo unhas obras de bacheos en varias estradas en Santa María de Roo. Ademais, nesa mesma parroquia xa se está arranxando un problema que había en Liañaio e Sampaio.
En Liñaio levouse a cabo unha actuación de pavimentación en aglomerado dun tramo de pista que se atopaba en mal estado. Ademais revestíronse en formigón as cunetas. Así mesmo canalizáronse as augas pluviais co obxecto de conseguir evitar que se siga danando o firme.
Por outra banda, en Sampaio, pavimentaranse en formigón e lastra varios camiños do interior da aldea. Nos próximos días finalizarán as obras de acondicionamento do local social de Sampaio.
Entre as distintas actuacións nesa parroquia proximamente está prevista a construción dun aparcadoiro na contorna do cemiterio, a instalación dun parque infantil para que poidan facer uso e goce os máis pequenos e a instalación dunha depuradora en Pontenafonso.
Todas estas actuacións supoñerán un investimento dunha contía próxima aos 500.000€.
O Concello de Noia executará diversas obras en Santa María de Roo
Martes, 10 de maio de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa