Noia deu hoxe un gran paso adiante para que o novo centro de saúde da vila sexa pronto unha realidade.
O conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Noia para levar a cabo o plan de execucción das obras de construcción dun novo e moderno centro de saúde.
O futuro inmoble, que terá un uso exclusivamente sanitario, permitirá duplicar a superficie do actual e incorporará novas salas de técnicas, unha consulta de hixienista ou a base do 061. Ademais, a área pediátrica tamén terá una nova sala de observación e a área de fisioterapia, uns vestiarios.
Santiago Freire destacou que “con este novo convenio, Noia marca unha folla de ruta para que o noso municipio conte pronto cun centro de saúde adaptado ás necesidades de todos os veciños e veciñas”.
Investimento de máis dun millón de euros
O Concello de Noia investiu neste proxecto máis dun millón de euros para a adquisición das parcelas do novo centro de saúde e que ademáis verase incrementado con novos terreos nas inmediacións do mesmo.
Así, o novo centro contará con catro salas de técnicas onde agora só hai unha, o que vai facilitar facer ecografías, espirometrías, retinografías, electrocardiogramas ou cirurxía menor.
Isto permitirá aproveitar mellor o equipamento que recibiu este centro nos últimos anos: o novo equipo de radiodiagnóstico que se incorporou en 2018 ou os tres electrocardiógrafos e o espirómetro que chegaron no 2020.
Por outra banda, na zona do PAC ampliaranse a zona de consultas e a sala de observación e farase algo relevante como é integrar dentro deste edificio a base da ambulancia do 061.
Vista ao centro de saúde
Tras a firma do convenio, ambas comitivas, Xunta e Concello, realizaron unha visita ao actual centro de saúde para transmitirlle ao persoal sanitario a boa nova de primera man, así como recoller as súas propias impresións.
“Estamos moi orgullosos e moi agradecidos á consellería de Sanidade por este convenio que firmamos hoxe e que vai permitir que Noia sexa o primeiro centro de saúde da provincia da Coruña da fase 1 do Plan de infraestructuras da Xunta que pase do papel ao formigón”, engadiu Freire.