O Concello de Noia, beneficiario dunha axuda por importe de 1.832,23 € para levar a cabo a instalación dunha estufa de biomasa no Centro Cívico de Pontenafonso

Mércores, 11 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Subvención para proxectos de enerxías renovables para o ano 2021, cofinanciada ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O obxecto destas subvencións estriba no fomento da utilización de fontes de enerxía renovables, e máis concretamente, o fomento da utilización da biomasa forestal con fins enerxéticos, o que implica toda unha serie de vantaxes tanto sociais como ambientais, económicas e enerxéticas, dado que a biomasa é unha enerxía renovable cun reducido impacto ambiental que favorece a redución de emisións de CO2, o autoabastecemento e a seguridade da subministración a prezos competitivos.

O Concello de Noia foi beneficiario dunha axuda por importe de 1.832,23 € para levar a cabo o proxecto de instalación dunha estufa de biomasa no Centro Cívico de Pontenafonso, destinado a centro sociocultural, a fin de lograr o quentamento das estancias en aras a acadar un mellor rendemento e aforro enerxético.

Multimedia