Subvención para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2021-2022, cofinanciada ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
O obxecto destas subvencións estriba no fomento da utilización de fontes de enerxía renovables, e máis concretamente, o fomento da utilización da enerxía fotovoltaica, o que implica toda unha serie de vantaxes tanto sociais como ambientais, económicas e enerxéticas, dado que a fotovoltaica é unha enerxía renovable cun reducido impacto ambiental que favorece a redución de emisións de CO2, o autoabastecemento e a seguridade da subministración a prezos competitivos.
O Concello de Noia foi beneficiario dunha axuda por importe de 32.199,55 € para levar a cabo o proxecto de instalación de paneis fotovoltaicos na Estación de Saneamento (EDAR), ubicada no lugar de Barro, a fin de acadar un mellor rendemento e aforro enerxético das estancias.