O Concello de Noia avanza nos traballos de mellora da pavimentación en O Vilar, na parroquia de Boa

Luns, 31 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia dálle continuidade ao programa provincial de mellora viaria co avance das obras de mellora e pavimentación nos dous accesos á aldea de O Vilar, na parroquia de Boa, desde a estrada AC-550.

Os traballos, dotados cun orzamento de 89.473,39 €, inclúen a reparación das fochancas e a regularización do pavimento actual no cal se atopan diversos puntos que presentan un estado de conservación deficiente.

Para pórlle solución a esta problemática, aplicarase unha capa de 5 centímetros de aglomerado asfáltico; efectuarase o recrecido das actuais tapas de rexistro e das grellas do sumidoiro e finalmente procederase ao pintado da sinalización horizontal da vía.

Desde o goberno local, sinalan o seu compromiso “por ofrecerlle as mellores condicións viarias á nosa veciñanza” e inciden na importancia deste tipo de actuacións para “promover unha mobilidade máis segura e eficiente”.