O Concello dá comezo aos traballos de mellora na rúa da Coruña

Mércores, 11 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia iniciou esta semana as obras de mellora na rúa Coruña, as cales teñen por finalidade mellorar as condicións de seguridade na vía.

A actuación, dotada dun orzamento de 84.527 euros, consistirá na renovación do firme, na reorganización de carrís e das prazas de estacionamento e na reubicación dos pasos de peóns, así como no pintado e instalación da sinalización horizontal.

O obxectivo do proxecto e dotar a unha das rúas máis transitadas do casco urbano dunhas mellores condicións de seguridade tanto para o tráfico rodado como para viandantes.

Por mor destes traballos, o estacionamento estará prohibido nesta rúa ata o remate dos mesmos, nun período estimado de dúas semanas.

Esta actuación súmase a outras que se van a levar a cabo nos vindeiros días e outras xa realizadas recentemente, que supoñen unha mellora substancial das características de distintos viais de acceso a Noia e do seu núcleo urbano.

O alcalde de Noia, Santiago Freire, sinala que “a través desta actuación búscase darlle continuidade ao plan de mellora de estradas municipais actuando nunha rúa vertebradora do tráfico entre a estrada comarcal Noia-Santiago e a estrada Noia-Muros que empregan un elevado volumen de usuarios e autobuses” e incide no compromiso do goberno local en “promover as maiores condicións de seguridade posible”.

Multimedia