O alcalde de Noia, Santiago Freire, xunto a membros do equipo de goberno, mantivo unha reunión xunto á Directora Xeral de familia e inclusión, Amparo González, e as titulares das escolas infantís de Noia.
A propia Directora Xeral anunciou un incremento na contía adxudicada ao chamado "bono concilia". Segundo expuxo o alcalde, dita contía conta cunha dotación no orzamento 2016 de 3,5 millóns de euros, polo que viu incrementada a súa partida en 1,8 millóns de euros respecto da anualidade 2015. O obxectivo deste incremento é poder chegar ao maior número de familias posibles. A contía do bono será de entre 45€ e 250€ ao mes, dependendo do nivel de renda. O que se persegue conseguir con esta medida é que todos aqueles pais que fan uso destes servizos de escolas infantís en Noia, poidan beneficiarse desa bonificación e así facilitarlles o custo. Ademais, tamén se busca que as familias que non fan uso deste servizo actualmente, grazas ao "bono concilia" pasen a gozar do mesmo. Moitas destas familias non facían uso deste servizo porque non contan cunha capacidade económica que lles permita soportar o custo.
Con esta medida, dependendo do nivel de renda, o que se conseguiría é garantir o 100% do custo de levar ao pequeno da casa ao centro infantil.
Así mesmo, en palabras do propio edil, Santiago Freire,: "dende ou Concello pretendemos reforzar esta media tamén cunha serie de incentivos económicos para que aqueles usuarios que queiran facer uso, en horario de tarde, complementando ou "bono concilia" por parte dá Xunta de Galicia, poidan favorecerse tamén desa axuda municipal ou vindeiro curso 2016-2017".
Por outra banda, a Directora de familia e inclusión, anunciou a posibilidade de facer uso do "cheque benvida", axuda para os nenos e nenas nacidos na presente anualidade. As familias que o soliciten poderán beneficiarse dunha tarxeta que permite facer uso de material sanitario e de hixiene cun custo moi reducido. Ademais poderán solicitala todas as familias. Por exemplo concederíase con dous fillos e cuxas rendas non superen os 52.000€ anuais, o que converte a esta axuda nunha axuda orientada á gran maioría das familias.
Ambas medidas son un estímulo tanto para a natalidade como para os propios pais que teñen que soportar estes custos con recursos propios. Ao mesmo tempo, o que se busca conseguir con esta medida é descargar na medida do posible aos avós ou familiares que teñen que prestar axuda aos pais en determinados momentos no seu labor de conciliación. Ademais a incorporación dos nenos nunha idade máis temperá ás garderías e escolas infantís repercute eficazmente no labor didáctico, na formación e na socialización dos máis pequenos.
O "bono concilia" permitirá facer uso das escolas infantís e garderías a practicamente a totalidade das familias noiesas
Sábado, 14 de maio de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa