O alcade, Santiago Freire, recibe aos alumnos do Colexio María Assumpta

Venres, 08 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os alumnos de 4º de primaria do Colexio María Assumpta puideron coñecer o funcionamento da administración pública local. O alcalde de Noia, Santiago Freire, exerceu de anfitrión para este grupo de nenos e nenas e tratou de achegarlles e ensinarlles de primeira man o Concello de Noia. Ademais o edil noies contestou a todas e cada unha das preguntas que lle fixeron os alí presentes. Na visita percorreron as estancias do edificio; entre elas o despacho do alcalde e o salón de plenos, onde os alumnos puideron exercer de concelleiros e ocuparon cada un dos postos desde onde se exerce a actividade plenaria.