O Concello de Noia participa, un ano máis, na V Andaina Solidaria en favor da Asociación local Misela, unha organización de asistencia e servizos para persoas con discapacidade.
Ao acto de presentación, que tivo lugar hoxe na sede do Concello, estivo presidido pola concelleira de Deportes, Laura Salgado, que animou “a toda a veciñanza que o desexe a participar e poñer o seu gran de area neste fermosa iniciativa que sirve de moita axuda e de apoio a un colectivo moi necesitado”.
Así, as persoas que queiran formar parte desta andaina poderán anotarse na web www.cronocheck.com. A inscrición terá un custo de 5 euros que irán destinados á Asociación local.
A ruta terá lugar o vindeiro domingo, 9 de outubro, partindo ás 09:00 horas enfronte do Concello (alameda). A andaina, que terá un percorrido circular de 10 km, consta dunha dificultade media-baixa e será apta para todos os públicos. O percorrido da ruta estará sinalizado con frechas e cintas identificativas.
A organización do evento, realizada pola asociación Trabandainas, pon a disposición das persoas interesadas os teléfonos 683 35 42 97 ou 604 05 12 25 para calquera dúbida ou cuestión, así como o mail clubtrabandainas@gmail.com