O parque infantil de San Lázaro terá pronto un novo aspecto máis renovado e acolledor tras as obras de mellora que se están a levar a cabo nas instalacións, que pronto abrirán ao público.
Dita inversión, de preto de 50.000€, está financiada pola Dirección Xeral de administración Local, Vicepresidencia da Xunta de Galicia e o Concello de Noia e contempla a instalación da cuberta e do chan anti impacto na zona de xogo, así como a renovación do peche de madeira de das atraccións.
Tras visitar as obras, o alcalde de Noia, Santiago Freire, manifestou que “as actuacións realizadas e as que están en cernes teñen como obxectivo dotar a San Lázaro dun aspecto renovado e máis acolledor, para que todas as familias de Noia poidan gozar dun espazo lúdico e seguro”.