A conselleira Ethel Vázquez mantivo unha reunión de traballo xunto ao alcalde Santiago Freire e o seu equipo de goberno para tratar asuntos relacionados con lle consellería de Infraestruturas e Vivenda.
No encontro tratáronse dúas actuacións relacionadas directamente coa seguridade viaria, en concreto nas estradas de titularidade autonómica. O edil, Santiago Freire, anunciou xunto á conselleira unha serie de investimentos para Noia de 1,3 millóns de euros. Ademais manifestaron a importancia que dan ás actuacións tanto deNde a consellería como desde a Xunta de Galicia.
Ditas actuacións serían, unha primeira para mellorar o cruce da Barquiña, onde executarán un carril central de espera para mellorar a seguridade viaria nese punto. En palabras do alcade, Santiago Freire, "ademais ou que se pretende é mellorar a conectividade nesa intersección e tamén diminuír a sinistralidade que ven producindo nese cruce".
A segunda será unha actuación na travesía de Orro. Consistirá na execución dunha senda peonil de 1,5 metros de ancho e supoñerá un investimento de máis de 60.000€. Esta expón unha mellora desde a rotonda de Orro ata o restaurante Rei Martiño. Así se dará continuidade ás obras xa executadas desde o momento en que se puxo en servizo o corredor Brion-Noia para resolver o tramo que faltaba.
Ambas as actuacións está previsto que se executen neste ano 2016, concretamente no verán.
A conselleira, Ethel Vázquez, considéraas “actuacións importantes. Investir en seguridade viaria é investir en calidade de vida para as persoas e son actuacións que son posibles tamén grazas á relación e colaboración institucional entre as dúas administracións”.