Noia celebrará a Iª Velada de Boxeo Vila de Noia

Mércores, 20 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

No día de hoxe tivo lugar a presentación da Iª velada de boxeo vila de Noia que se celebrará o vindeiro domingo 24 ás 21:00h no pavillón Alonso Rodríguez da vila Noiesa. 

A velada contará con combates profesionais e amateurs no que se preve que sexa unha xornada apaixonante para os afeccionados da loita. Todo comezará a rodar o sábado día 23 coa pesada da categoría profesional que terá lugar ás 19:00 no bar Perla II e o domingo 24 ás 18:30h realizarase a pesada amateur. A xornada contará co campión de España Maikel García que se enfrontará ao ruso Evgany Bumar no que promete ser o combate estrela. Pero esta gala non só servirá para ver referentes xa consagrados, se non, que servirá para potenciar este deporte pouco coñecido polo gran público. Celebraranse combates de novas promesas da localidade como poden ser: Diego Hermo na categoría de 64kg, Goyo García e Daniel Diaz "El Gorras" na categoría de 75kg e o dobre campión galego Yoelvis Medina.

Pola súa banda o concelleiro de deportes de Noia, Ramón Santos, expresou que "o Concello de Noia, apoiará a todos os deportes practicados no noso concello, pois entendemos que o noso pobo conta con moitas sensibilidades diferentes. Con esta velada queremos apoiar aos nosos xóvenes talentos para que poidan demostrar, na súa casa, do que son capaces e o potencial que teñen. Tamén agradecer a Moises Hermo, Tono dá Silva e Santi Kiyo o importante labor que están a facer con estes mozos a través do club de loita Noia. O noso concello sempre estará ao seu lado apoiando este deporte."

Multimedia