O Concello de Noia vivirá o vindeiro 11 de decembro, ás 19:00 horas, unha festa da música solidaria onde todo o que se recaude irá en beneficio á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progesiva (ASGPOH) e á Fundación Atrofia Muscular Espinal (FundAME).
O Liceo de Noia acollerá este evento benéfico de Nadal, organizado pola Asociación Cultural Kitis Katis, e que contará como prato forte cun concerto tributo a Queen.
As entradas para o evento poderán adquirirse no Liceo de Noia ou na propia Asociación Kitis Katis a un prezo de 4 euros. Toda a recadación deste festival será doado a ASGPOH e FundAME para a investigación de enfermidades raras.
Ademáis, sortearanse regalos doados por diferentes casas comerciais da contorna, así como bonos doados polo Concello de Noia para gastar no comercio local.