Listados definitivos obradoiro de emprego "Noia-Lousame-Outes 2022"

Mércores, 21 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Concello de Noia publica os listados definitivos Obradoiro dual de Emprego, promovido polos Concellos de Noia, Lousame e Outes, denominado “NOIA-LOUSAME-OUTES 2022”.

Trátase dun programa mixto de emprego e formación que terá unha duración de 12 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional de 20 persoas.