A conselleira de Política Social, Fabiola García, felicitou á entidade social A Creba Saúde Mental polo seu traballo na inserción sociolaboral das persoas con discapacidade. A responsable de Política Social parabenizou á entidade durante unha visita ao centro ocupación que teñen en Noia, onde coñeceu, de primeira man, as necesidades e o funcionamento das súas instalacións.
Durante o encontro, estivo acompañada pola concelleira de Servizos Sociais de Noia, Marisol Villar, pola responsable de Economía, Laura Salgado García, e polo concelleiro de Medio Ambiente, Martín Fernández Godón.
A conselleira agradeceu o labor das entidades sociais posto que, tal e como indicou, estas axudan ás persoas con discapacidade e ás súas familias para resolver e atender as situacións que se lle presenten. Neste centro, os usuarios e usuarias poden realizar obradoiros de deseño téxtil, tratamento do coiro ou da pasta de papel que lles facilitan a transición ao mundo laboral.