Martes, 03 de novembro de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia adheriuse ao Programa PEL-REACTIVA: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da provincia da Coruña do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña.
O obxectivo destas axudas é contribuír a paliar, na medida do posible, as consecuencias da pandemia da COVID-19 entre as microempresas e autónomos e autónomas do municipio.
As persoas que desexen solicitar esta prestación poderán facelo desde a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ata o 25 de novembro de 2020. A documentación sobre a convocatoria pódese consultar na sede electrónica do Concello de Noia.