Xoves, 07 de outubro de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa
O Concello de Noia publica as bases reguladoras das axudas para o transporte de estudantes, que teñen por obxecto establecer as normas reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o transporte daqueles alumnos, maiores de 20 anos, que cursen estudos universitarios ou de ciclos de formación, así como daqueles estudiantes que se despracen para a realización de calquera tipo de actividade formativa en asociacións ou centros dirixidos a persoas con discapacidade.
Estas bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o 7 de outubro de 2021.