Avanzan a bo ritmo as obras de construción da nova multipista deportiva no Colexio Felipe de Castro

Venres, 25 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Noia continúa coa súa firme aposta polo deporte local e por mellorar as instalacións deportivas do municipio.

Así, a vila contará nas vindeiras datas cunha nova multipista no Colexio Felipe de Castro. Unha futura instalación que poderá ser empregada tanto polo alumnado do centro, dentro do horario lectivo, coma polo resto da veciñanza fóra do horario lectivo.

A multipista estará habilitada para practicar diferentes modalidades deportivas tales coma fútbol sala, baloncesto, tenis, bádminton ou pádel, entre outras.

A actuación, que conta cun investimento de 100.000 euros do que a Xunta aporta o 75% e o Concello o 25% restante, está enmarcada dentro do novo Plan da nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia.

O alcalde de Noia, Santiago Freire, subliñou o compromiso do Goberno local “para potenciar e mellorar as infraestruturas deportivas da vila” e habilitando tamén “unha nova zona segura e moderna para practicar deporte e fomentar hábitos saudables”.

Multimedia